Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 15.995

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de arquitectos técnicos, lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 9 de outubro de 2000 pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de arquitectos técnicos, lista B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na súa sesión do día 15 de novembro de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución a relación dos aspirantes que non figuraban en ningunha relación e, unha vez vistas as súas alegacións pasaron a integrarse na lista de admitidos.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xus

tificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

-Grupo B: 6.580 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 23 de maio de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total (*)

34.943.889Carballos Dorrego, Carlos0,750,75

76.412.379Placer Campos, Araceli0,200,750,95

36.040.548Romero Zaloña, Julio0,00

32.796.220Vecino Tomé, Mª Isabel0,750,180,93

ANEXO II

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total (*)

32.783.398Fernández Vilariño, Jaime0,200,20

35.315.268García García, Juan M.0,00

33.217.239Lourido Parada, José0,200,20

(*) Aplicados os topes máximos por epígrafe do baremo (artigo 12 b) do Decreto 89/1997).