Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 15.993

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 20 de novembro de 2000 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos axeitadamente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega para misións de protección civil.

Por Orde do 29 de decembro de 1999 (DOG nº 25, do 7 de febreiro de 2000), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á protección civil de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Segundo o disposto na disposición adicional segunda desta orde, na que se establecía que a contribución compensatoria realizada polos beneficiarios segundo o disposto no artigo 7.2º a) podería xerar créditos no estado de gastos do orzamento desta consellería, que poderían ser utilizados na adquisición e adxudicación de máis vehículos.

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.231A.624.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000, a cesión en propiedade dun vehículo modelo Nissan Patrol Longo, teito alto, 4 cilindros, turbo diésel, equipado para misións de protección civil ós concellos de Sada e Carballo, unha vez verificados os requisitos establecidos pola Orde do 29 de decembro de 1999 (DOG nº 25, do 7 de febreiro de 2000), ó abeiro da cal presentaron a súa correspondente solicitude.

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ó concello beneficiario, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que

sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais