Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 15.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 282/2000, do 9 de novembro, polo que se aproba o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2001.

O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución, o Consello da Xunta, por proposta do Conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural conforme establece o artigo 9 de citada lei.

O obxecto deste decreto é aproba-lo Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2001, dando continuidade á execución do Plan Galego de Estatística 1998-2001, iniciado co Decreto 472/1997, do 12 de decembro, e así mesmo, e ó abeiro do artigo 8 da referida Lei de estatística de Galicia, aproba-la elaboración dunha serie de estatísticas que, aínda que non están incluídas no Plan Galego de Estatística, se consideran de interese público para un mellor coñecemento da realidade económica, demográfica e social de Galicia.

En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 46.2º da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de novembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001. Este programa está integrado polo conxunto das seguintes actividades estatísticas:

a) As que son execución do Plan Galego de Estatística e recollidas no anexo I do presente decreto.

b) As incluídas ó abeiro do artigo 8 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia e recollidas no anexo II do presente decreto.

Artigo 2º

As actividades estatísticas incluídas neste programa están sometidas ás seguintes regras xerais:

a) A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.

b) Cumprirán algún obxectivo operativo de información, instrumental ou de colaboración institucional contido no Plan Galego de Estatística 1998-2001.

c) Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.

d) As actividades estatísticas e os seus resultados serán homologados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

e) Os resultados e productos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.

Artigo 3º

As actividades estatísticas incluídas neste programa están sometidas ás seguintes regras específicas:

a) Deberán explicita-lo obxectivo operativo do plan estatístico ó que fai referencia a actividade.

b) Designarán o organismo responsable de executa-la actividade.

c) Determinarán as persoas físicas ou xurídicas e os entes de dereito público obrigados a subministra-la información requirida.

d) Establecerán o prazo no que os resultados estarán dispoñibles para a súa difusión.

e) Designarán o organismo obrigado a difundi-los resultados da actividade estatística.

f) Establecerán o orzamento estimado destinado á realización da actividade estatística.

Artigo 4º

Para a homologación á que se refire o artigo 2.d) deste decreto as actividades estatísticas deben cumpri-los seguintes requisitos, facéndose constar nas publicacións que se fagan:

1. Os anuarios deben cita-la fonte de procedencia dos datos en cada un dos cadros que conteñan.

Se a fonte fose unha estatística homologada farase constar expresamente a súa homologación polo IGE.

2. As actividades estatísticas que teñan por fonte de información unha enquisa deben incluír unha metodoloxía na que se recollerá explicitamente:

a) O directorio de unidades que se vaian investigar.

b) O procedemento de selección da mostra.

c) O procedemento de elevación de resultados.

A clasificación das unidades que se vaian investigar farase conforme a que corresponda das que estean en vigor.

3. As actividades que teñan por fonte de información un rexistro administrativo deben conter:

a) A normativa legal aplicable ó rexistro utilizado.

b) A metodoloxía da elaboración de resultados estatísticos.

c) A coherencia dos datos obtidos.

d) A clasificación de unidades segundo corresponda das que estean en vigor.

4.a) As actividades estatísticas de síntese deben recolle-los directorios utilizados, de xeito detallado, así como a relación das estatísticas empregadas, xa sexan estatísticas homologadas polo IGE, estatísticas oficiais contidas no Plan Estatístico Estatal ou Europeo, ou calquera outra, procedéndose neste último caso á súa detallada descrición.

b) As estatísticas de síntese deben seguir, de se-lo caso, a metodoloxía e criterios de valoración contidos no Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais (SEC 1995) e os seus desenvolvementos oficiais. Se non fose procedente deberá especificarse a metodoloxía aplicada.

5. Nos censos debe describirse a metodoloxía de elaboración, na que se indicará a aplicada ó proceso de recollida da información e deixar constancia da clasificación de unidades conforme a que corresponda das que estean en vigor.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 6/1997, do 31 de xullo, os organismos e entidades responsables da execución das actividades estatísticas descritas anteriormente remitiranlle os resultados das ditas actividades ó IGE.

Este emitirá un informe sobre o grao de cumprimento das normas reguladoras aplicables ás actividades estatísticas citadas e, se o dito informe é favorable, aprobará os resultados e daralle conta da aprobación ó Consello Galego de Estatística.

Ademais, as actividades estatísticas que sexan obxecto de difusión están sometidas ás normas técnicas contidas na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de novembro de 1998.

Artigo 6º

O IGE, como organismo responsable da elaboración do Plan Galego de Estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución do presente programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias no cumprimento do artigo 30 da Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan Galego de Estatística 1998-2001.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas no presente programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2001.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente norma.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día un de xaneiro de 2001.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

ACTIVIDADES ESTATÍSTICAS, RECOLLIDAS NA LEI 6/1997, DO 31 DE XULLO, DO PLAN GALEGO DE ESTATÍSTICA 1998-2001 E INCLUÍDAS NO PROGRAMA ESTATÍSTICO ANUAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O 2001

Obxectivos operativos de información relativos a operacións estatísticas en curso.

1. Área de estatísticas demográficas.

1. Nome: Censo de poboación e vivendas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la estructura e as características da poboación de Galicia, así como as características das súas vivendas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: prazo medio.

2. Nome: Estructura da poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los cambios na estructura da poboación de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

3. Nome: Movemento natural da poboación: nacementos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número e as características dos nacementos ocorridos en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

4. Nome: Movemento natural da poboación: defuncións.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número e as características das defuncións ocorridas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

5. Nome: Movemento natural da poboación: matrimonios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número e as características dos matrimonios celebrados en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

6. Nome: Movementos migratorios. Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número e as características das migracións ocorridas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

2. Área de estatísticas sociolaborais, culturais e medioambientais.

a) Estatísticas sociolaborais.

8. Nome: Enquisa de poboación activa en Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: explotar exhaustivamente e difundir trimestralmente os datos sobre a enquisa de poboación activa en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

9. Nome: Mercado de traballo en Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: elaborar información de síntese sobre o mercado de traballo en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

b) Estatísticas de educación, cultura e investigación.

10. Nome: Directorio de centros de ensino privado.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: identifica-lo enderezo e as demais características dos centros de ensino privado en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

c) Estatísticas sanitarias.

12. Nome: Análise da mortalidade en Galicia.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la mortalidade en Galicia e as súas causas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

3. Área de estatísticas económicas.

a) Estatísticas básicas.

13. Nome: Enquisa de bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la producción, a man de obra, os custos e os ingresos das explotacións de rumiantes en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

14. Nome: Censo da flota pesqueira.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-la estructura da flota pesqueira galega.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

15. Nome: Comercio exterior de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los fluxos de mercadorías de Galicia co estranxeiro segundo as nomenclaturas arancelarias e de actividade económica.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

16. Nome: Intercambio de mercadorías co norte de Portugal.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los fluxos de mercadorías de Galicia co norte de Portugal.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

17. Nome: Estatística de edificación e vivenda.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la actividade do sector de edificación e vivenda.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

18. Nome: Directorio de aloxamentos hoteleiros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización territorial dos centros de aloxamento hoteleiros.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

19. Nome: Directorio de casas de turismo rural.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización territorial das casas de turismo rural en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

b) Estatísticas de síntese.

20. Nome: Macromagnitudes agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector agrario en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

21. Nome: Contas do sector pesqueiro.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector pesqueiro en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

22. Nome: Contas da industria agroalimentaria.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes da industria agroalimentaria en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

24. Nome: Contas das administracións públicas galegas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la actividade económica do sector público de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

25. Nome: Contas económicas de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la actividade económica de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

26. Nome: Táboa input-output de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las relacións intersectoriais da economía de Galicia.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: extraordinario.

Dispoñibilidade: prazo longo.

c) Estatísticas de conxuntura.

27. Nome: Producción e prezos do leite.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución da cantidade entregada polos productores de leite e a evolución do prezo percibido por estes.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: inmediata.

28. Nome: Prezos agrarios.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: seguimento da evolución dos prezos percibidos e pagados polos agricultores.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: inmediata.

29. Nome: Índice de producción industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución da actividade industrial en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

30. Nome: Enquisa continua de ocupación hoteleira.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo número de viaxeiros aloxados en hoteis e hostais, as pernoitacións e o grao de ocupación.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

31. Nome: Informe da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: coñece-los principais resultados económico-financeiros da execución orzamentaria da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

32. Nome: Recadación de tributos cedidos.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: coñece-la evolución da recadación por tributos cedidos na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

33. Nome: Contabilidade trimestral de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución trimestral das principais macromagnitudes da economía de Galicia a través dunha síntese dos indicadores máis significativos.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4. Área de difusión.

34. Nome: Anuario de estatísticas agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: difundir nunha única fonte de consulta a información estatística máis relevante sobre o sector agrario en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

35. Nome: Galicia en cifras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-la información básica de carácter demográfico, social e económico de Galicia, con ordenación temática e sistemática.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

36. Nome: Anuario Galicia-rexión norte de Portugal.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística e Dirección Rexional INE Norte de Portugal.

Obxectivo: difundi-la información básica de carácter demográfico, económico e social de forma comparable para ambos territorios.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

37. Nome: Atlas de empresas Galicia-Rexión norte de Portugal.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística e Dirección Rexional INE Norte de Portugal.

Obxectivo: difundir de forma gráfica a localización das empresas en ambos territorios, por ramas de actividade.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

38. Nome: Boletín trimestral de indicadores de conxuntura.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-las principais series de indicadores sobre a economía de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

39. Nome: Difusión por Internet.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: subministrarlle ó público un volume elevado de datos mediante un servidor en Internet.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

Obxectivos operativos de información relativos a operacións estatísticas de nova implantación.

2. Área de estatísticas sociolaborais, culturais e medioambientais.

a) Estatísticas sociolaborais.

40. Nome: Rexistro de ofertas e demandas de traballo.

Organismo responsable: Consellería da Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número e as características das ofertas e demandas de traballo realizadas a través do Servicio Galego de Colocación.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

41. Nome: Folgas e peches patronais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as folgas e os peches patronais en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

42. Nome: Regulación de emprego.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-lo número de traballadores afectados por medidas de regulación de ocupación en Galicia e as causas polas que se presentaron os expedientes.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

43. Nome: Conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as conciliacións individuais e colectivas levadas a cabo en Galicia por motivo de despedimentos, reclamacións de cantidades e outros motivos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

44. Nome: Sancións e demais actuacións públicas en materia laboral.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: obter información sobre as actas de infracción levantadas pola inspección de traballo en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

45. Nome: Sinistralidade laboral.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la incidencia da sinistralidade laboral en Galicia a través dos comunicados das mutuas laborais ós centros de seguridade e hixiene no traballo e as condicións de saúde no traballo.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

46. Nome: Eleccións sindicais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñecer de forma detallada os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

47. Nome: Directorio de sociedades cooperativas e de sociedades anónimas laborais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das sociedades cooperativas e anónimas laborais en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

48. Nome: Directorio de centros de traballo.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos centros de traballo en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

49. Nome: Directorio das oficinas de información xuvenil e para o emprego.

Organismo responsable: Consellaría de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la localización, o número e as características desas dependencias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

50. Nome: Estatística de persoal.

Organismo responsable: Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Obxectivo: coñece-lo número e as características do persoal empregado na Administración autonómica.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

51. Nome: Afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las variacións de afiliacións á Seguridade Social.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

52. Nome: Estatística de pensións e outras prestacións.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la estructura e as características das pensións e outras prestacións sociais.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

53. Nome: Salarios nas administracións públicas.

Organismos responsables: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los salarios pagados polas administracións públicas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

b) Estatística de educación, cultura e investigación.

55. Nome: Directorio de centros de ensino público.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos centros de ensino público de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

56. Nome: Mapa do sistema educativo non universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

57. Nome: Mapa do sistema universitario de Galicia.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

58. Nome: Estatística do gasto público en educación.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: coñece-las principais características do gasto público en educación.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

59. Nome: Directorio de bibliotecas.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das bibliotecas de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

60. Nome: Directorio de empresas editoriais.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das empresas editoriais de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

61. Nome: Directorio de cines e teatros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos cines e teatros de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

62. Nome: Directorio de fundacións e de asociacións.

Organismo responsable: Consellaría de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la localización, o número, a estructura e as características desas institucións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

63. Nome: Carné xove.

Organismo responsable: Consellaría de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-lo número e as características dos usuarios deste carné e das súas familias (idade, nivel de estudios, localización, etc...).

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

c) Estatísticas sanitarias.

65. Nome: Directorio de establecementos sanitarios.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos establecementos sanitarios de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

66. Nome: Estatística de establecementos sanitarios en réxime de internado.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-las principais características dos establecementos sanitarios en réxime de internado en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

67. Nome: Enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la incidencia en Galicia das enfermidades infecciosas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

68. Nome: Morbilidade hospitalaria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la morbilidade atendida nos hospitais de Galicia en función do diagnóstico definitivo ou de saída e determina-la estadía media en hospital por tipo de diagnóstico.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

69. Nome: Estructura do sector sanitario.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: coñece-la estructura do sector sanitario.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

d) Indicadores sociais e condicións de vida.

70. Nome: Préstamos protexidos para a compra e a rehabilitación de vivendas.

Organismo responsable: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Obxectivo: coñece-lo volume e as características dos préstamos protexidos para a compra e a rehabilitación de vivendas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

71. Nome: Enquisa de condicións de vida das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-los datos básicos sobre a evolución das situacións de familia, residencia e vivenda e de formación e actividade, e coñecemento e uso do idioma galego, experimentadas pola poboación de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: alto.

Dispoñibilidade: prazo medio.

72. Nome: Directorio de centros de infancia, de menores, da xuventude e da muller.

Organismo responsable: Consellaría de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la localización, o número, a estructura e as características desas institucións.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

73. Nome: Estatística de familias numerosas.

Organismo responsable: Consellaría de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc..., deste colectivo.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

74. Nome: Estatística de adopcións e acollementos.

Organismo responsable: Consellaría de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc..., destas familias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

e) Estatísticas medioambientais.

76. Nome: Incendios forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo número e a superficie afectada polos incendios forestais en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

77. Nome: Espacios naturais protexidos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-las características dos espacios protexidos en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

3. Área de estatísticas económicas.

a) Estatísticas básicas.

78. Nome: Censo de maquinaria agraria.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: coñece-las características e a evolución dos parques de maquinaria agraria.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

79. Nome: Censo de explotacións gandeiras galegas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las características e o número de explotacións gandeiras galegas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

80. Nome: Estatística de permisos de explotacións de marisqueo e acuicultura.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-lo número, as características e a duración das autorizacións para exercer estas actividades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

85. Nome: Directorio de cámpings.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos cámpings de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

86. Nome: Directorio de axencias de viaxe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das axencias de viaxe en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

87. Nome: Estatística de gasto do turismo que pernoita en establecementos hoteleiros.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-lo gasto efectuado por este tipo de turismo.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo curto.

88. Nome: Directorio de empresas de transportes.

Organismo responsable: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das empresas de transporte en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

b) Estatísticas de síntese.

91. Nome: Contas económicas do sector industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector industrial en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

92. Nome: Contas económicas da enerxía.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector enerxético en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

93. Nome: Análise económico-financeira das corporacións galegas.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: coñece-la estructura económico-financeira das corporacións locais galegas a través dos orzamentos e das liquidacións orzamentarias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

c) Estatísticas de conxuntura.

95. Nome: Avance de superficies e produccións agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: obter estimacións sobre as superficies sementadas e as principais produccións agrarias.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

96. Nome: Estatística de sacrificio de gando.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: coñece-lo volume mensual da carne sacrificada das principais especies gandeiras.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

97. Nome: Licencias de cortas de madeira.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: coñece-lo volume de cortas de madeira autorizadas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

98. Nome: Prezos da terra.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: medi-la evolución dos prezos da terra de usos agrarios.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

99. Nome: Pesca: Estatística de vendas en primeira comercialización.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: coñece-lo volume e o valor da pesca comercializada a través das lonxas galegas.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

100. Nome: Índice de prezos industriais.

Organismo responsable: Instinto Galego de Estatística.

Obxectivo: coñece-la evolución dos prezos industriais en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

101. Nome: Índice de vendas de comercio polo miúdo.

Organismo responsable: Consellería de Industria e Comercio.

Obxectivo: coñece-la evolución temporal das vendas no comercio minorista.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

4. Área de difusión.

103. Nome: Datos básicos de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: dar a coñece-los datos máis salientables de Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

104. Nome: Indicadores municipais e comarcais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: elaborar e difundir información básica dos concellos e comarcas de Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

105. Nome: Anuario de pesca.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: difundir nunha única fonte de consulta a información estatística máis relevante sobre o sector pesqueiro en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

106. Nome: Recadación por tributos. Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados da recadación por tributos en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

107. Nome: Atlas electoral de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados das consultas electorais realizadas en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

108. Nome: Censo agrario.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados do censo agrario para Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

109. Nome: Enquisa sobre a estructura das explotacións agrarias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados da enquisa sobre a estructura das explotacións agrarias en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

110. Nome: Censo de locais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: difundi-los resultados do censo de locais en Galicia.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo medio.

111. Nome: Biblioteca do Instituto Galego de Estatística.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: poñer á disposición dos distintos usuarios os fondos documentais do Instituto Galego de Estatística.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

112. Nome: Boletín de actualidade estatística.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: dar a coñece-la información publicada, a dispoñible e a de próxima publicación polo IGE.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

113. Nome: Memoria anual de actividades do Instituto Galego de Estatística.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: realizar un balance sobre a actividade realizada polo Instituto Galego de Estatística ó longo do ano.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Obxectivos operativos instrumentais.

5. Área de metodoloxía, formación e organización.

114. Nome: Documentación técnica de operacións estatísticas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: sistematiza-la documentación técnica de operacións estatísticas.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

115. Nome: Aproveitamento estatístico dos rexistros administrativos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: potencia-lo aproveitamento estatístico da información de orixe administrativa de Galicia, subministrando a asistencia técnica necesaria para a súa correcta utilización estatística.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

116. Nome: Elaboración de mostras estatísticas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: afondar no estudio da estatística matemática e as súas aplicacións concretas ó deseño de mostras estatísticas e na súa análise.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

117. Nome: Deseño de cuestionarios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: facilita-la aplicación de criterios de idoneidade técnica dos cuestionarios, subministran

do o apoio técnico e metodolóxico necesario co fin de preserva-la súa corrección.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

118. Nome: Análise de necesidades estatísticas e elaboración dos programas anuais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: estudiar e concreta-lo cumprimento dos obxectivos do Plan estatístico.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

119. Nome: Seguimento do Plan estatístico e dos programas anuais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: supervisa-lo cumprimento dos compromisos adquiridos polas distintas institucións en virtude do Plan estatístico e dos programas anuais que o desenvolven.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

120. Nome: Formación en procedementos estatísticos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: organizar programas de formación, cursos e actividades orientadas á reciclaxe do persoal estatístico en técnicas e métodos estatísticos.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

123. Nome: Bases de datos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: creación e mantemento de bases de datos estatísticos para o seu uso interno, automatización de publicacións e alimentación dos servicios de difusión telemática.

Grao de dificultade: moi complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: inmediata.

124. Nome: Adaptación de sistemas de información xeográfica.

Organismo responsable: Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

Obxectivo: facilita-la obtención, a xestión, a manipulación, a análise, o modelado, a representación e a saída de datos referenciados espacialmente para resolver problemas complexos de planificación e xestión.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moderado.

Dispoñibilidade: prazo medio.

125. Nome: Colaboración estatística con centros de investigación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: promove-la colaboración institucional cos centros de investigación radicados en Galicia.

Grao de dificultade: complexo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

ANEXO II

OPERACIÓNS INCLUÍDAS Ó ABEIRO DO ARTIGO 8 DA LEI 9/1988,

DO 19 DE XULLO, DE ESTATÍSTICA DE GALICIA

Nome: Directorio de cafeterías.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de cafeterías.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Nome: Análise de establecementos turísticos non regulamentados (cafés, bares, tabernas, pubs, discotecas e salas de festas).

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: coñece-las características deste tipo de establecementos e os datos de emprego neles.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Nome: Directorio de restaurantes das localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago, Monforte, Ribadeo, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Vigo, Baiona, Sanxenxo e O Grove.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos restaurantes situados nas anteditas cidades.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Nome: Análise estatística sobre o turismo en Galicia. Enquisa en orixe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e Turgalicia.

Obxectivo: cuantifica-lo número de turistas que recibe Galicia ó longo do ano e obter datos polos ingresos xerados polo turismo durante o ano.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Nome: Análise estatística sobre o turismo en Galicia. Enquisa en destino.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e Turgalicia.

Obxectivo: coñece-la evolución do perfil do turista que nos visita. Determinar en números relativos a distribución do gasto e a súa evolución, así como concreta-lo gasto medio/día por turista.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.

Nome: Guía de programas de acción voluntaria en Galicia.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: fomenta-la participación dos cidadáns en actuacións de voluntariado. Promove-los valores socioculturais, humanitarios, ecolóxicos e deportivos da sociedade mediante a acción voluntaria. Potencia-lo voluntariado organizado permitindo ós cidadáns poñe-los seus coñecementos e competencias ó servicio de actuacións de interese xeral.

Grao de dificultade: sinxelo.

Custo estimado: moi baixo.

Dispoñibilidade: prazo curto.