Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a presentación de dúas solicitudes para a creación do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de que no prazo dun mes os interesados lexítimos poidan examina-lo expediente no correspondente servicio desta dirección xeral, sita na praza de Europa, 5 A-4º, Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, e formula-las alegacións que coiden pertinentes, faise público que tiveron entrada dúas solicitudes para a creación do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, que tería os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia agrupará os diplomados universitarios en logopedia ou título equivalente debidamente homologado.

Asina a primeira solicitude: Ángel Montero Lence, en calidade de delegado en Galicia da Asociación de Diplomados Universitarios en Logopedia, e outros.

Asina a segunda solicitude: Mª Isabel Vilariño Vilariño, en nome da Delegación Autonómica Galega da Asociación de Logopedas de España, e outros.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza