Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/147-2, 5493 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.L.

Domicilio social: r/ Charles Darwin 15 baixo, local 9, 15172 Perillo.

Denominación: C.T.I., R.B.T. para subministración enerxía a 25 vivendas.

Situación: Láncara.

Descricións técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. de 384 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo