Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/138-2, 5473 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Criba. Roupar.

Situación: Xermade.

Descricións técnicas: L.M.T. Sucastro a 20 kV en conductor LA-56 de 40 m de lonxitude sobre apoios de formigón. L.M.T. derivación a C.T. de Pedreira de 20 kV en conductor LA-56 de 6 m de lonxitude.

L.M.T. e derivación a C.T. de Calousa a 20 kV en conductor LA-56 de 144 m de lonxitude. C.T. de Sucastro de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de Pedreira de 160 kVA e C.T. de Calousa de 160 kVA. Redes de baixa tensión de 3.920 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo