Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de novembro de 2000, polo que se aproba o Plan de racionalización de efectivos do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

Os obxectivos básicos do Programa de Reforma Administrativa da Xunta de Galicia son os de conseguir unha Administración autonómica máis eficaz e eficiente que estea ó servicio do cidadán.

Neste sentido inscríbese a progresiva posta en funcionamento dos novos edificios administrativos de servicios múltiples que concentren as oficinas administrativas da Xunta de Galicia, actualmente dispersas, nas grandes cidades galegas.

Concluída a construcción e o acondicionamento do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, e por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dous de novembro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. A posta en funcionamento do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol (avenida de Vigo, s/n, 15402 Ferrol) a partir do día cinco de decembro de dous mil.

2. A oficina da Xunta de Galicia en Ferrol, creada pola Orde do 28 de novembro de 1994 (DOG nº 230, do 29 de novembro) encargarase da xestión dos servicios comúns do edificio: rexistro, información administrativa e atención ó cidadán, compulsas, conserxería xeral, limpeza, teléfonos e mantemento.

Para tal fin, ó amparo do artigo 29.5º da Lei 4/1998, do 26 de maio (DOG nº 104, do 1 de xuño) da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril) modifícase a relación de postos de traballo (RPT) da dita oficina de acordo co anexo I (A e B).

3. Trasládanse ó novo edificio, desde a indicada data:

a) As seguintes oficinas administrativas da Xunta de Galicia en Ferrol:

ConselleríaOficina administrativaSituación actual

Presidencia e Administración PúblicaOficina da Xunta de Galicia en FerrolRúa Magdalena, nº12, baixo

ConselleríaOficina administrativaSituación actual

Economía e FacendaOficina do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)Rúa Península da Cabana, s/n

Política Territorial, Obras Públicas e VivendaOficina do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Educación e Ordenación UniversitariaInspección EducativaPalacio Municipal, 2º, praza de Armas

Industria e ComercioOficina de Consumo do Instituto Galego de Consumo (IGC)Praza de España, nº 2

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

Área de Extensión e Capacitación Agraria de Ferrol

Área de Sanidade e Producción Animal de Ferrol

Oficina Agraria Comarcal de Ferrol

Rúa Pascual Veiga, nº 33-35

Cultura, Comunicación Social e TurismoOficina de Turismo de FerrolRúa Magdalena, nº 12, baixo

Sanidade e Servicios SociaisSección de Cualificación e Valoración de MinusvalidezRúa Sánchez Calviño, nº 52-58

Sanidade e Servicios SociaisInspección SanitariaPraza de España, nº 19-3º

Servicio Veterinario Saúde PúblicaPraza de España, nº 2-2º

Pesca, Marisqueo e AcuiculturaDelegación ComarcalPraza de España, nº 2-2º

Xustiza, Interior e Relacións LaboraisServicio de Mediación, Arbitraxe e ConciliaciónRúa Real, nº 10-1º dereita

Familia e Promoción do Emprego, Muller e XuventudeOficina de Información XuvenilRúa Magdalena, nº 123, 1º

Oficina de EmpregoAvenida de Vigo, nº 135-137

b) Os empregados públicos que van prestar servicios na oficina da Xunta de Galicia (Anexo I.B), así como os que prestan servicios nas restantes oficinas administrativas que se relacionan no punto 3 a).

4. As relacións de postos de traballo (RPT) das consellerías que resulten afectadas pola modificación a que se refire o número 2 deste acordo, quedan modificadas nos termos deste.

5. Este acordo entrará en vigor a partir do día cinco de decembro de dous mil.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de novembro de dous mil, relativo á aprobación do Plan de racionalización de efectivos do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública