Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno na sesión do día 23 de outubro de 2000 acordou aprobar definitivamente a delimitación da unidade de execución da rúa das Hortas números 20, 22 e 24 da IU-8 do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) adoptando como sistema de actuación o de cooperación.

Contra o acordo de aprobación definitiva, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2000.

P.D.

Luís Toxo Ramallo

Tenente-alcalde