Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia C2000/2).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Nº de expediente: C2000/2.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de comedor do Centro Social Municipal de San Diego.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon anual: ningún.

5. Subvención: ademais das enumereadas na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas par

ticulares, o concello subvencionará parte das adquisicións necesarias para complementa-las anteriores coa cantidade de 1.300.405 pesetas concargo á partida 04.313.623.00 e a cantidade de 1.248.796 pesetas con cargo á partida 04.313.623.00.92 do orzamento municipal en vigor.

6. Garantía provisonal: 20.000 pesetas.

7. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalziación do prazo de presentación de proposicións.

8. Clasificación: non esixible.

9. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particualres. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

10. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 7. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 17 de novembro de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente de alcalde delegado de Contratación