Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, mediante expediente anticipado de gasto, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución do acondicionamento para uso administrativo da planta baixo cuberta no pavillón do centro de saúde mental no Hospital Psiquiátrico de Conxo-Santiago de Compostela (A Coruña).

-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

-Obra: acondicionamento para uso advo. da planta baixo cuberta no pavillón do centro de saúde mental no Hospital Psiquiátrico de Conxo-Santiago de Compostela (A Coruña).

-Orzamento da contrata: 4.492.058 pesetas (26.997,81 E).

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publi

cación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por este, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

P.D. (Decreto 49/1998 do 5 de febreiro)

Antonio Fernandez-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos