Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000 pola que se fai pública a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-98/142.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá o recurso contencioso-administrativo para interpoñer perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: PO-98/142.

Denunciado: José Manuel Eirín García.

Último enderezo coñecido: r/ Santo Antoniño, 21-6º esquerda. 36002. Pontevedra.

Contido da resolución do recurso.

Data: 3 de maio de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: pescar sen permiso de couto.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución recorrida en tódolos seus termos.