Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CORENTA E SETE DE MADRID

EDICTO (188/1995).

Eu, Milagros Aparicio Avendaño, maxistrada-xuíza de primeira instancia e instrucción número corenta e sete de Madrid.

Fago saber que no dito xulgado e co nº 188/1995 se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra María José Vázquez González, Ana María Milagros González Montouto, Manuel Vázquez Seoane, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 19 de xaneiro de 2001, ás 11 horas coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no BBV, nº 2541-0000-17-188/1995, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano de procedemento; sen este requisito non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de menifesto na secretaría do xulgado, onde poderán examinarse, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houbese, quedarán subsistentes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda, o día 16 de febreiro de 2001, ás 11 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira

poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira, o día 16 de marzo de 2001, ás 11 horas; esta poxa realizarase sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nesta, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se realizará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Predio número 47.334, inscrito no rexistro da propiedade número 2 de Vigo, tomo 1.635, libro 741, anotación letra B.

Valor de taxación: 2.500.000 pesetas.

Predio número 47.336 e 47.338 resultantes da división horizontal do predio 10.262-N, libro 741, anotación letra B, A e A.

Valor taxación: 8.000.000 de pesetas e 8.000.000 de pesetas respectivamente.

E para que lles sirva de notificación ós demandados María José Vázquez González e Manuel Vázquez Seoane e Ana María Milagros Montouto e de publicación no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado e de fixación no taboleiro de anuncios do xulgado, expido este edicto en Madrid o dous de outubro de dous mil.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado