Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.892

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos dos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas e no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

Por Resolución do 10 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 208, do 26 de outubro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso nas escalas superior de finanzas e técnica de finanzas da Xunta de Galicia.

Transcorrido o tempo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen os procesos selectivos convocados polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do

17 de xullo de 2000, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo, respectivamente, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos nos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas e no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

A lista definitiva de excluídos en ámbalas escalas figura publicada como anexo desta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para os efectos de información, o teléfono de contacto é 902 12 00 12 en horarios de 9 ás 19 horas de luns a venres e de 9 a 4 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1., os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Resolución definitiva de excluídos do proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas. Acceso libre.

APELIDOS E NOMEDNIDISCEXENTO 1º

EXERCICIO

EXENTO 5º

EXERCICIO (*)

OPCIÓNEXCLUSIÓN

CARAMES ASOREY, LUIS MIGUEL76819234NONNONNONECONOMÍA DE EMPRESA21

DIEGUEZ PEREZ, MARIA JOSE44451532NONNONNON32

POLO ULLOA, GABRIEL ALFONSOX2471382NONNONNONECONOMÍA DE EMPRESA20,52

(*) Inclúense neste epígrafe os que, ata o día da data, presentaran a documentación á que se refire a base II.1.7.

Resolución definitiva de excluídos do proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas. Acceso libre.

APELIDOS E NOMEDNIDISCEXENTO 1º

EXERCICIO

EXENTO 5º

EXERCICIO (*)

EXCLUSIÓN

CARNES MARIÑO, JUAN MANUEL52451350NONNONNON55

DOURADO GANTES, SUSANA MARIA32778763NONNONNON53

FERNANDEZ BALADRON, MARIA LUISA35302762NONNONNON20

MARTINEZ CARBALLEIRA, PABLO33332223NONNONNON53

POLO ULLOA, GABRIEL ALFONSOX2471382NONNONNON20,52

SANCHEZ SANCHEZ, MARIA JOSE76365615NONNONNON22

VEGA DE VEGA, GUIOMAR DE33345556NONNONNON55

(*) Inclúense neste epígrafe os que, ata o día da data, presentaran a documentación á que se refire a base II.1.6

Causas de exclusión.

10Instancia fóra de prazo.

20Taxas baremo non aboadas ou aboadas fóra de prazo.

21Importe de taxas ingresadas inferior ó estipulado.

22Taxas aboadas fóra de prazo.

31Opta á quenda de discapacitados sen o 33% de discapacidade.

32Non opta por ningunha materia (grupo A).

33Instancia sen asinar.

34Instancia non orixinal.

40Presentarse ó grupo de promoción interna e acceso libre simultaneamente.

50Instancia incorrecta (emendas, riscaduras...).

52Non ter ou acredita-la nacionalidade española.

53Falta o DNI ou DNI incorrecto.

54Excluído por non ter ou acredita-la idade esixida.

55Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.

57Certificado de discapacidade non presentado ou mal cotexado.