Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO de información pública.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 19-10-2000, aprobou incialmente o proxecto de modificación puntual do Plan parcial de ordenación do sector dos Airios, consistente en permuta de solo no lugar da Mourela. Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente que se somete a información pública estará de manifesto na secretaría do concello á disposición dos interesados.

A suspensión automática do outorgamento de licencias para tódolos usos e obras incompatibles coa ordenación proxectada (artigo 34.2º LSG) limítase ós sectores A e B do lugar da Mourela, que define e concreta o proxecto.

As Pontes de García Rodríguez, 20 de outubro de 2000.

Francisco Dasilva Bello

Alcalde en funcións