Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do día 5 de outubro de 2000, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de ampliación e renovación de calzada, beirarrúas e servicios na rúa Emilia Pardo Bazán, polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de ampliación e renovación de calzada, beirarrúas e servicios na rúa Emilia Pardo Bazán, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións que coiden convenientes, en particular sobre o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificar individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

Ourense, 16 de outubro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

ANEXO

Relación de propietarios afectados

Nº de predioPropietarioPrezo xusto

1Promociones Inmobiliarias Botas

y Juan Carlos, S.L.

9.822.605

2Promociones Inmobiliarias Botas

y Juan Carlos, S.L.

7.510.151

3Promociones Inmobiliarias Botas

y Juan Carlos, S.L.

6.880.839

4Colegio Cardenal Cisneros2.604.288

5Construcciones Orega, S.L. 324.791

Relación de inquilinos afectados no predio 42840-66

Nº de predioPropietarioPrezo xusto

6Rita Alicia Isabel Mª Victoria de la Torre López5.868.714

7Isolina Coello Rodríguez5.868.714

8Modesto Rodríguez Delgado3.417.836

Nº de predioPropietarioPrezo xusto

9Antonio Docabo González7.040.895

10Antonio López Hermida5.287.486