Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO.

Adoptado acordo polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 28 de setembro de 2000, da suspensión do procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito do solo rural da aldea de San Cibrán para a elaboración do Plan especial de mellora do núcleo rural e de protección da paisaxe, de conformidade co preceptuado no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publícase o devandito acordo no DOG, BOP e en La Voz de Galicia.

Carnota, 10 de outubro de 2000.

Xosé Manuel García Martínez

Alcalde