Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 13 de novembro de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite urxente, para a contratación por concurso das obras de abastecemento e saneamento a Fontes e San Marcos, Fondo de Cooperación Local, ano 2000, o cal se expon ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da ultima publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, polo trámite urxente, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Amoeiro.

b) Dependencia que tramita el expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de abastecemento e saneamento a Fontes e San Marcos, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo MillánTrillo. Prazo de execución: 3 meses. Orzamento de execución por contrata e tipo de licitación: 8.776.029 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Amoeiro.

b) Domicilio: estrada Tamallancos-Barbantes (Amoeiro).

c) Localidade: Amoeiro, código postal 32170.

d) Teléfono: 988 28 10 00.

e) Fax: 988 27 99 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Requistios específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª.

c) Lugar de presentación: Concello de Amoeiro.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Amoeiro.

b) Data: ás trece horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

9. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario das obras.

Amoeiro, 16 de novembro de 2000.

Manuel Fernández Rincón

Alcalde