Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión do 14 de novembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudio de detalle para a reordenación de volumes e parcelas no cuarteirón número 4 do polígono industrial do Milladoiro.

O que se fai público polo prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 15 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado