Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso público aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración de mobiliario para dependencias da consellería.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de mobiliario para dependencias da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: dezaseis millóns de pesetas. (16.000.000 de pesetas), IVE incluído (96.161,93 euros).

5. Garantía provisional: 320.000 pesetas (1.923,23 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Nos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771, ou nas súas delegacións territoriais.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=91

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día

natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5-2ª, Santiago de Compostela, 15771), ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2ª.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2000.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura