Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/121-2, 5456 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Sequeiro.

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 739 metros de lonxitude sobre apoios metálicos e de formigón. Centro de transformación de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 455 metros de lonxitude en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 15 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo