Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada LU-133, treito Vilamartín Grande-Covelas, nos termos municipais de Barreiros e Ribadeo. (Clave LU/98/149.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 14 de febreiro de 2000 procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada LU-133, treito Vilamartín Grande-Covelas, clave LU/98/149.1, termos municipais de Barreiros e Ribadeo, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 16 de febreiro de 2000, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 58/2000, publicado no DOG nº 64, con data do 31 de marzo de 2000.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e no 1956 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran nas relacións expostas nos concellos de Barreiros e Ribadeo, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

* Casa do Concello de Barreiros.

Horario: 10.30 ás 13.30 h.

Data: 18 de decembro de 2000.

De: Álvarez Villaamil, José.

A: Veiga Maseda, Ermelina.

* Casa do Concello de Ribadeo.

Horario: 10 ás 13.30 h.

Data: 19 de decembro de 2000.

De: Adelina Díaz Martínez e José Fernández López.

A: Fernández García, María Josefa.

-Data: 20 de decembro de 2000.

De: Fernández Mosqueira,Amelia.

A: Martínez López, Heriberto.

-Data: 21 de decembro de 2000.

De: Maseda Cabaleiro, José.

A: Villarino Legaspi, Blas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Barreiros e Ribadeo e na Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo; Ronda da Muralla,70-5ª planta.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debi-

damente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 15 de novembro de 2000.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas