Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio de concurso aberto para a contratación da concesión de servicio público da prerrecolla, recolla, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña da Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

Advertido erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 224, do luns 20 de novembro de 2000, cómpre realiza-la oportuna rectificación:

Na páxina 15.492, no punto «4. Orzamento», onde di: «Prezo total: 40.480.000 pesetas, IVE incluído», debe dicir: «Prezo total: 5.480.000.000 pesetas, IVE incluído».