Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 145.3º da Lei do solo de Galicia e 202.2º do Regulamento de xestión urbanística faise público que o Concello Pleno en sesión do 17 de outubro de 2000 prestou aprobación ó proxecto expropiatorio dos bens e dereitos afectados pola execución do aparcadoiro ó aire libre previsto no Plan xeral de ordenación urbana no cuarteirón comprendido entre a avda. de Galicia-r/ Ramón González e San Lázaro e rúa de nova apertura, que se tramitará polo procedemento de taxación conxunta.

O dito expediente sométese a información pública durante un mes, período durante o que as persoas interesadas poderán examinalo nas oficinas municipais, se é o caso, presenta-las reclamacións que coiden oportunas.

Ribadeo, 18 de outubro de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde