Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO de exposición pública de modificación das normas subsidiarias municipais e do Plan especial de desenvolvemento de equipamento comunitario de núcleo rural de Muíños.

Por medio de acordo plenario do 17-2-2000 aprobouse inicialmente a modificación puntual nº 7 das normas subsidiarias do municipio de Irixoa, de ampliación de núcleo rural de Muíños-Follente (Mántaras). Por medio de acordo da Comisión de Goberno, do 22-9-2000, aprobouse inicialmente o Plan especial de desenvolvemento do sistema de equipamento comunitario de centro socio-cultural de Muíños (Mántaras).

En virtude do establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, expóñense ó público tales expedientes polo prazo dun mes. Tales expedientes poden ser examinados na secretaría do concello, en horario de oficina. As alegacións ou reclamacións deberán formularse por escrito, dentro do prazo citado, dirixíndoas á alcaldía.

Irixoa, 23 de outubro de 2000.

Juan Pérez Díaz

Alcalde