Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións: adquisición de equipamento de moblaxe de oficina con destino ó Hospital Abente e Lago da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-31/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de moblaxe de oficina.

c) Lote: 2 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns novecentas vinte mil pesetas, IVE incluído (37.920.000 pesetas, 227.903,79 euros).

Lotes nº 1: 18.856.000 pesetas, 113.326,84 euros.

Lotes nº 2: 19.064.000 pesetas, 114.576,95 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equip. cadeiras.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: quince millóns oitocentas trinta e oito mil oitocentas cincuenta pesetas, IVE incluído (15.838.850 pesetas, 95.193,41 euros).

Lote nº 2: equip. mesas e armarios.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezasete millóns setecentas vinteseis mil catrocentas vintenove pesetas, IVE incluído (17.726.429 pesetas, 106.537,98 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2000.

Antonio Fernández Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos