Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.315.465 e tres máis).

A) Obra.

1. Novos colectores xerais e EDAR na Pobra do Caramiñal. (A Pobra do Caramiñal-A Coruña).

Clave: OH.315.465.

Orzamento máximo: cincocentos oitenta millóns de pesetas (580.000.000 pesetas, equivalente a 3.485.870,205 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Bombeo ETAP e rede xeral de distribución de auga ó concello de Boqueixón-primeira fase. (Boqueixón-A Coruña).

Clave: OH.215.474.

Orzamento máximo: catrocentos cincuenta millóns de pesetas (450.000.000 pesetas, equivalente a 2.704.554,470 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Renovación da ETAP da Laracha. (A Laracha-A Coruña).

Clave: OH.215.453.

Orzamento máximo: cincuenta e seis millóns cento corenta e sete mil setecentas setenta pesetas (56.147.770 pesetas, equivalente a 337.454,894 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. ETAP para o abastecemento de auga a Arbo. (Arbo-Pontevedra).

Clave: OH.236.453.

Orzamento máximo: trinta e dous millóns oitocentas cincuenta e tres mil cincocentas vinte pesetas (32.853.520 pesetas, equivalente a 197.453,632 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras sinaladas no dito epígrafe.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día dezaoito (18) de decembro de 2000.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación de dúas variantes en relación co obxecto do contrato para cada unha das obras sinaladas na letra A) deste anuncio (ver punto 2.2.5.3. do prego de cláusulas administrativas particulares).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vintenove (29) de decembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia