Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos. (LU-E 269/1999 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ós que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o número dos cales se cita a seguir:

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser presentado este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pago voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño).

Lugo, 6 de novembro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Ramón Miguélez Tola12.216.507LU-E 269/199926.e) LO 1/1992Ramón Farre, 6, BurelaArquivo

Ángel Rodríguez Rodríguez46.570.251LU-E 352/199826.e) LO 1/1992Almirante Romay, 5, A CoruñaArquivo

Nove Punto Tres C.B. (Isaac, Benjamín e Juan L. Fiallega López e Humberto Díaz

Gabín)

E-27.143.759LU-E 350/199826.e) LO 1/1992Avda. Galicia, 10, RibadeoArquivo

José Manuel López Díaz34.259.669LU-E 342/199826.e) LO 1/1992Carud, 142, Monforte de LemosArquivo

José Rouco Río e

Eduardo Fernández Hermida

33.316.769

33.341.349

LU-E 332/199826.e) LO 1/1992Avenida Terra Chá, VilalbaArquivo