Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.781

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo extraestatutario da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., para o ano 2000, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-10-2000, subscrito pola parte económica, por un representante da empresa e, da parte social, polos traballadores daquela. Tendo en conta que a parte social non posúe representantes lexitimados para negociar que cumpran coas esixencias legais establecidas no artigo 87.1º en relación co 62.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, é polo que ó devandito convenio debe outorgárselle o carácter de convenio colectivo extraestatutario. A teor do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público no que respecta á súa publicidade para garanti-los dereitos dos traballadores así o aconsellan, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de

xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de outubro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. (Envisal)

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

a) Ámbito territorial:

De acordo co establecido no artigo 83.1º do Estatuto dos traballadores, o ámbito territorial do presente convenio é o dos centros de traballo da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

b) Ámbito persoal:

O presente convenio regulará as condicións laborais da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., e do persoal que nela presta os seus servicios, así como de todo aquel que ingrese no futuro durante a vixencia ou prórroga deste.

Quedan excluídos deste convenio, só para os efectos económicos, os postos denominados de función

directiva, quedando amparados por este convenio para os demais efectos.

Artigo 2º.-Normas supletorias-preeminencias.

Rexerán como normas supletorias ó presente convenio colectivo, todas aquelas normas establecidas no Estatuto dos traballadores e na ordenanza laboral da industria metalgráfica, do 29 de xullo de 1970.

O establecido polo presente convenio goza de preferencia perante toda normativa de rango inferior, en especial, o disposto na ordenanza laboral arriba referenciada; con excepción do que estableza a lexislación laboral, con carácter posterior, e contradiga, mellore ou amplíe o aquí recollido, rexerá o disposto na lexislación.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos no momento da sinatura, sen prexuízo de que as condicións económicas se apliquen a partir do 1 de xaneiro de 2000, tendo unha duracion dun ano, ata o 31 de decembro de 2000.

Este convenio quedará automaticamente denunciado coa antelación de tres meses respecto da data do seu vencemento; non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas, colectivas e ad personam existentes, sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas no presente convenio.

Artigo 5º.-Condicións e compensación das melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas. Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras, serán compensables e absorbibles ata onde cheguen os aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro.

Capítulo II

Persoal

Artigo 6º.-Cadro de persoal.

A empresa dará a coñecer ós representantes dos traballadores, no trancurso do mes de xaneiro de cada ano, un rexistro do persoal ó seu servicio, facendo consta-los seguintes datos: nome, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e número de afiliación á Seguridade Social.

Da mesma maneira, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento no que se exprese a súa profesión ou oficio e as funcións que desempeña ou desempeñou durante a súa estadía na empresa.

Artigo 7º.-Persoal de novo ingreso.

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia deste.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os que fixe a lexislación vixente en cada momento.

A empresa fará entrega á representación dos traballadores dunha copia básica de tódolos contratos que deban formalizarse por escrito. Co fin de comproba-la adecuación do contido dos contratos á legalidade vixente, esta copia básica deberá conter tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o enderezo, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidera afectar á intimidade persoal.

A copia entregaráselles nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato ós representantes dos traballadores, que a asinarán para efectos de acredita-la entrega.

A mesma notificación se fará con respecto ás prórrogas dos contratos subscritos, así como cas denuncias correspondentes a eles.

Artigo 8º.-Contratación eventual.

A empresa informará previamente os delegados de persoal das causas motivadoras da contratación temporal, eventual, a tempo parcial e aprendizaxe, así como do chamamento ou cesamento dos traballadores fixo-descontinuos. Mentres haxa traballadores fixos-descontinuos en desemprego, non se efectuará contratación eventual ou temporal para levar a cabo tarefas propias da empresa.

Os contratos eventuais por circunstancias de producción (Real decreto 2546/1994 e Real decreto ley 9/1997) realizaranse ó amparo do convenio interprovincial para a industria metalgráfica.

Os representantes do persoal terán coñecemento dos censos de traballadores eventuais.

Ó amparo do establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, as partes asinantes do presente convenio acordan a aplicación da vixencia máxima dos contratos alí establecidos na medida pactada no convenio interprovincial da industria da metalgráfica.

Artigo 9º.-Conversión dos contratos.

De acordo coa normativa vixente, a empresa poderá proceder á conversión dos contratos de duración determinada ou temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida, sexan a tempo completo ou parcial.

Artigo 10º.-Traslados.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Artigo 11º.-Ascensos.

a) Vacantes por baixas de persoal do cadro.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal, salvo que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente de igual categoría.

b) Vacantes por aumento do cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse por concurso, excepto o persoal directivo. Se non puidesen ser cubertas as vacantes por este sistema de promoción interna, a empresa recorrerá á nova contratación.

Capítulo III

Réxime de retribucións

Artigo 12º.-Salarios.

Establécese como salario base para cada categoría profesional o indicado na columna A da táboa salarial contida no anexo II do presente convenio. O salario percibirase por día natural. A columna B do anexo II representa o resultado de multiplicar por trinta días naturais o salario diario da columna A.

Artigo 13º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrado o 31 de cecembro de 2000 sufra un incremento superior ó 2,5%, unha vez constatada fidedignamente tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, efectuarase unha revisión salarial e a súa contía será o resultado de aplicar sobre o salario efectivamente devengado durante o ano 2000 a diferencia porcentual entre o IPC real de conxunto do ano 2000 e o referido 2,5%. Tal incremento aboarase na primeira paga do ano 2001.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Co obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a suspensión das horas extraordinarias habituais, non obstante, realizaranse aquelas que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así com no caso de risco de perda ou deterioración de materias primas.

Así mesmo se realizarán horas extraordinarias unha vez oídos os representantes dos traballadores, por pedidos puntuais de producción, ausencias imprevistas, etc.

Terán carácter de horas estructurais, para os efectos da cotización á Seguridade Social, as horas ás que se fai referencia no punto anterior e sempre que non poidan ser substituídas mediante contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.

As horas extraordinarias que efectivamente se realicen serán remuneradas segundo as cantidades que para cada categoría quedan establecidas na columna C da táboa salarial (anexo II).

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal percibirá dúas gratificacións extraordinarias, unha en xuño (antes do día 20) e outra en decembro (antes do día 22). O importe de cada unha delas será a suma de trinta días de salario máis o incentivo de productividade e a antigüidade.

Estas gratificacións serán rateadas polo persoal que ingrese ou cesase no trancurso do ano, e com

putaranse para estes efectos como traballados os días de paro de persoal fixo-descontinuo e os días de ausencia por accidente.

Artigo 16º.-Participacións beneficios.

Ademais das establecidas no artigo precedente, tódolos traballadores socios da sociedade terán dereito a unha remuneración salarial extraordinaria, sempre que a empresa obteña beneficios, que se chamará paga de beneficios. Esta remuneración consistirá no sesenta e seis por cento dos beneficios obtidos pola empresa en cada exercicio social e distribuirase entre os traballadores beneficiarios dela en proporción directa ó salario devengado durante o ano en que se produciron.

Ó longo do ano iranse facendo pagos trimestrais á conta, que se devengarán conxuntamente coas pagas ordinarias de abril, xullo, outubro e xaneiro do ano seguinte nas que se distribuirán os beneficios que sumen os balances pechados a fin de marzo, xuño, setembro e decembro. A regularización definitiva farase unha vez que aprobe as contas anuais a xunta xeral de accionistas correspondente.

Artigo 17º.-Incentivos.

A organización do traballo correspóndelle ó empresario, quen levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control do traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes. O establecemento dun sistema de traballo e rendemento terá que ser negociado no seo da comisión paritaria, constituída polos representantes dos traballadores e polos representantes da dirección da empresa.

Os salarios fixados no presente convenio corresponden a un rendemento de traballo de sesenta puntos Bedaux ou ó seu equivalente nos restantes sistemas de remuneración.

Fíxase un incentivo do cinco por cento do salario base para tódolos traballadores que teñan dereito a el, segundo vén recollido no seu contrato de traballo.

Artigo 18º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá terán unha retribución específica consistente no aboamento dun complemento salarial cifrado no trinta e sete coma cinco por cento do salario base aplicable a cada categoría profesional, segundo consta no anexo II do presente convenio.

Artigo l9º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, quinquenios, consistentes no aboamento do cinco por cento do salario base correspondente a cada categoría profesional, co límite de cinco quinquenios, exceptuando aqueles traballadores que ingresen na empresa a partir do 1 de xaneiro de 2000, que non terán dereito a retribución por antigüidade.

Os quinquenios comezan a computarse a partir da data inicial de ingreso na empresa e o seu importe

percibirase desde o primeiro día do trimestre natural en que se cumpra o vencemento.

Para o cómputo da antigüidade, no que respecta a aumentos periódicos, terase en conta todo o tempo servido na mesma empresa e consideraranse como efectivamente traballados tódolos meses e días nos que o traballador estivo de alta na Seguridade Social, excepto o tempo de excedencia forzosa para cargo público ou sindical, así como o da prestación do servicio militar ou prestación substitutoria.

Artigo 20º.-Complementos de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará un complemento de asistencia e puntualidade consistente no dez por cento do salario fixado para cada categoría profesional na columna A do anexo II do presente convenio, incrementado coa antigüidade e o incentivo de producción.

Este complemento cumputarase por períodos mensuais e terá dereito a el todo o persoal que non tivese máis de dúas faltas de asistencia ou puntualidade durante o dito período; non obstante, o dito complemento percibirase igualmente nos seguintes supostos:

a) Cando o traballador se ausente por cumprir funcións de carácter sindical nos cargos representativos.

b) Os motivados polos permisos laborais recollidos no artigo 23º do presente convenio.

c) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

d) Mediante o permiso motivado por parto da muller ou intervención cirúrxica dos familiares directos.

e) Cando o traballador se ausente por causas de citacións xudiciais ou gobernativas ou por asistir a algún exame para estudios oficiais, incluso o obrigatorio para obte-lo permiso de conducción ou para a obtención ou renovación do DNI.

f) Durante os días que o traballador estea de baixa orixinada por accidente laboral.

Todos estes supostos deberán xustificarse suficientemente.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 21º.-Xornadas.

Establécese para o ano 2000 unha xornada de mil setecentas setenta e seis horas en cómputo anual, distribuídas de acordo co calendario pactado entre as partes, en dúas quendas de xornada continua, a primeira das seis ás catorce horas e a segunda das catorce ás vintedúas horas.

A empresa, por necesidades de producción ou calquera outra causa urxente, poderá facer unha distribución irregular ou aumento da xornada pactada e establecida no parágrafo precedente. As horas que se realicen como consecuencia da ampliación da xornada laboral compensaranse do seguinte xeito: o cincuenta por cento, como mínimo, desfrutarase como descanso laboral e o resto serán aboadas como horas extraordinarias.

Artigo 22º.-Vacacións.

Todo o persoal disporá de trinta días naturais de vacacións, dos cales polo menos vinteún serán ininterrompidos entre o vinte de xuño e o quince de setembro, agás que causas derevadas da producción e organización do traballo o impidan.

A empresa deberá elabora-lo correspondente calendario con anterioridade ó 31 de marzo, tralo informe dos delegados de persoal.

As vacacións serán proporcionais ó tempo efectivamente traballado para o persoal con contrato eventual ou temporal, e computaranse para estes efectos como traballados os días de paro do persoal fixo-descontinuo, que desfrutarán na súa totalidade.

A distribución das vacacións entre o cadro de persoal farase por acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións entre en situación de ILT ou baixa por accidente, terá dereito ó desfrute destas ou a parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

O persoal que, por necesidades da empresa, non desfrute as vacacións no período acordado no calendario laboral, terá unha compensación de mil cincocentas pesetas diarias durante os días que o persoal desfruta das vacacións do mesmo período.

Artigo 23º.-Permisos.

Os traballadores, de avisaren coa posible antelación, terán dereito a permisos retribuídos co salario contractual ou pactado, polas seguintes causas:

l. Tres días naturais por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o primeiro grao, tanto por afinidade como consanguinidade. Dous días naturais para netos e familiares ata segundo grao, tanto en afinidade como consaguinidade. E un por falecemento de tíos en grao de consanguinidade.

Entenderase por enfermidade grave aquela que require de hospitalización; con respecto ós partos aplicarase o establecido no punto 2 deste artigo.

No caso de que o traballador necesitase facer algún desprazamento, o prazo incrementarase en dous días máis se ten que desprazarse fóra da Comunidade Autónoma, e dun día máis se o desprazamento é fóra da provincia.

2. Tres días naturais por parto da muller.

3. Un día en caso de casamento do fillo, irmán ou pais.

4. Quince días naturais en caso de casamento.

5. Un día por traslado de domicilio.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido, en máis do vinte por cento das horas laborais, nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado a situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario ó que tivera dereito na empresa.

7. Polo tempo necesario, cun máximo de seis horas, para asistir á consulta médica e con xustificación posterior se non pode ser anterior.

Nota: as referencias ó cónxuxe contidas neste artigo esténdense ás parellas de feito, se hai un coñecemento previo por parte da empresa garantido mediante un certificado de convivencia expedido polo concello.

Artigo 24º.-Excedencias.

a) Excedencia forzosa.

Os traballadores elixidos para desempeñar cargos de responsabilidade no seu sindicato e que deban dedicarse por completo ó desempeño das súas tarefas, poderán solicitar voluntariamente a excedencia polo tempo que dure a situación, transcorrido o cal se reincorporarán ós seus postos de traballo sempre e cando se solicite antes de transcorrido un mes contado desde a data de ter cesado nos referidos cargos.

b) Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa, terá dereito á excedencia voluntaria por prazo de, polo menos, dous anos e non maior de cinco. O traballador que desfrutase de excedencia non poderá solicitala de novo ata transcorridos catro anos desde a súa incorporación ó traballo.

Artigo 25º.-Roupa e materiais de traballo.

A empresa proporcionaralles ós seus traballadores as ferramentas e utensilios necesarios para o desenvolvemento da súa actividade no seo dela. Así mesmo, porporcionará a roupa e medidas de protección axeitadas, en especial:

-Dous equipos de roupa de traballo ó ano, entendéndose por tales os integrados por funda ou bata ou chaqueta; pantalón ou similares, segundo as normas de uniformidade acordadas pola dirección.

-Un par de botas.

-Medidas de protección axeitadas ó seu posto de traballo.

Capítulo V

Previsión e política social

Artigo 26º.-Formación.

A empresa velará polo mantemento e desenvolvemento das competencias e da profesionalidade do conxunto do persoal, considerando tal esixencia como un elemento fundamental para a mellora da competitividade. A dita adaptación farase mediante os imprescindibles e necesarios cursos de formación, que a empresa consensuará cos representantes dos traballadores, manténdoos informados en cada momento.

Artigo 27º.-Revisión médica.

A empresa garantiralle ó seu persoal unha revisión médica anual que será realizada por especialistas

en enfermidades laborais, de acordo coas normas sobre seguridade e hixiene no traballo, e deberalle entregar ó traballador comunicado, informe ou libreta médica, acreditativos dos resultados obtidos na dita revisión, de mediar solicitude no dito sentido por parte do interesado.

Pola súa parte, a empresa informará os delegados de persoal de seguridade e hixiene do traballo ou o vixilante de seguridade, se é o caso, acerca da situación sanitaria do cadro de persoal.

Corresponderá á comisión paritaria do convenio o coñecemento en primeira instancia dos conflictos que puideran presentarse en relación con este tema, e no suposto de que os houbera, poderá aquela solicitar, de consideralo oportuno, o asesoramento dos organismos máis competentes na materia.

Artigo 28º.-Prevención de riscos laborais.

A empresa, consciente da súa responsabilidade no ámbito industrial e persoal en relación co seu cadro de persoal, formula, coma prioridades, a compatibilidade do seu obxeto social coa calidade de vida de tódolos traballadores, a mellora das condicións de traballo, a formación en materia preventiva de riscos laborais e o respecto ó ambiente.

A empresa proverá dos medios necesarios os traballadores, en cumprimento do estipulado na Lei de prevención de riscos laborais, e procederá ó nomeamento dun delegado de prevención coas condicións e características esixidas pola devandita lei.

Artigo 29º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar, xa sexa con carácter oficial ou voluntario, ou ben faga a prestación do servicio social substitutorio, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo de duración deste e un mes máis, e computarase todo este tempo para os efectos da antigüidade na empresa.

Durante o tempo que permaneza no sevicio militar ou social substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias establecidas no presente convenio.

Artigo 30º.-Protección á maternidade.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen aumenta-lo risco de aborto ou malformación do feto, a traballadora terá dereito a cambiar de posto de traballo a outro que non implique risco para a saúde da nai, nin do feto. A traballadora en estado de xestación e lactación non poderá traballar por quendas, nin realizar traballos nocturnos.

A traballadora, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de reducción da xornada normal.

Artigo 31º.-Invalidez parcial.

Cando ó traballador/a lle sexa concedida a incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, se fose causada por accidente laboral, a empresa terá a obriga de admitilo e darlle un traballo que non supoña diminución na súa remuneración.

Artigo 32º.-Transporte.

A empresa facilitará o medio de transporte para todo o persoal, con antigüidade anterior ó 1 de xaneiro de 1998, para o traslado desde Vigo ó Porriño, e viceversa.

A utilización do vehículo propio para a realización de servicios para a empresa compensarase co aboamento de trinta pesetas por quilómetro.

Artigo 33º.-Anticipos.

A empresa, se a súa situación o permite, poderá anticipar, só en casos especiais, o valor dunha paga extra que será amortizada co seu aboamento na data correspondente. Este anticipo concederase nun número non superior ó vinte por cento do cadro de persoal fixo.

Artigo 34º.-Axudas.

a) Estudios: aboaráselle mensualmente a cada traballador a cantidade de mil oitocentas setenta e cinco pesetas por fillo en idade escolar, entre os tres e os dezaseis anos.

b) Falecemento ou incapacidade de traballo: no caso de falecemento ou invalidez permanente absoluta do traballador por accidente, sexa laboral ou non, aboaráselle ós seus habentesdereito ou, de se-lo caso, ó interesado, a cantidade de cinco millóns de pesetas.

Capítulo VI

Dereitos sindicais

Artigo 35º.-Asembleas.

Os traballadores teñen dereito a reunirse en asemblea, que será convocada e presidida polos representantes do persoal. Da convocatoria e da orde do día darase traslado previamente á dirección da empresa.

Os traballadores terán dereito a dúas horas anuais retribuídas para realizaren asembleas, no termo do primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 36º.-Dereitos sindicais.

A empresa computará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente e autorizará que os traballadores dun determinado sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical, todo iso fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa nin interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

A empresa contará cun taboleiro de anuncios ó dispor dos sindicatos ou do delegado de persoal.

Artigo 37º.-Horas sindicais.

Os delegados de persoal da empresa disporán dun crédito de representación e vintecinco horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións. Os delegados de persoal da empresa poderán acumular nun ou varios dos seus compoñentes as horas sindicais correspondentes.

Artigo 38º.-Expediente disciplinario.

Para proceder á sanción das faltas graves e moi graves en que o persoal poida incorrer, será pre

ceptiva a tramitación do expediente contradictorio no que se dará audencia ó interesado, co fin de que poida alegar canto na súa defensa considere oportuno. Das anotacións practicadas darase conta simultaneamente ós representantes dos traballadores.

Artigo 39º.-Acoso sexual.

Considérase acoso sexual no traballo todo o comportamento verbal ou físico de carácter ou connotación sexual que se dea no ámbito da empresa, sempre que ese comportamento non sexa desexado pola persoa que o sofre. O dito comportamento deberá a dirección da empresa comunicalo ás centrais sindicais, dándolles prazo dunha audiencia.

O acoso sexual no traballo considérase falta grave cando se produce entre compañeiros do traballo.

Considerarase falta moi grave cando o acosante sexa mando ou xefe do acosado.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a interpretación e o cumprimento das cláusulas pactadas neste convenio establécese unha comisión mixta paritaria que estará integrada polas partes negociadoras do presente convenio.

Segunda.-Sendo a falta de regularidade no traballo característica da empresa; faise constar, e así se pacta, que cada suspensión de traballo do traballador fixo descontinuo non se considera extinguida, senón tan só interrompida a relación laboral e, ó ser esta suspensión derivada da falta de regularidade no traballo consubstancial ó desenvolvemento da industria, non se considerarán estas debidas á concorrencia das causas económicas ou translúxicas. As suspensións doutras características terán a regulación establecida na normativa vixente en cada caso; para tal efecto a tódolos traballadores seranlles aplicadas as seguintes condicións:

1. A empresa garantirá a tódolos traballadores fixo-descontinuos unha asistencia de cento oitenta e un días de traballo ó ano que correspondan a: festivos, sábados, domingos, parte proporcional de vacacións e días de traballo.

2. Os traballadores deberán ser chamados de forma gradual, en función das necesidades que existan en cada momento ó volume de traballo que se vaia desenvolver e deberá efectuarse dentro de cada especialidade por orde rotativa e sucesiva, de tal xeito que cumpran aproximadamente tódolos traballadores o mesmo período útil de traballo cada ano.

O chamamento do persoal efectuarase mediante a oportuna comunicación que deberá practicarse de xeito fidedigno e o traballador terá un prazo de corenta e oito horas (dous días), dentro do que pode incorporarse ás tarefas.

3. No caso de reducción e incumprimento de chamamento ó traballo, o traballador poderá presentar reclamación por despedimento ante a xurisdicción competente, iniciándose o prazo para iso o día que tivera coñecemento da falta de convocatoria.

4. Durante o período de inactividade do persoal fixo-descontinuo non se realizarán horas extraordi

narias de ningunha índole, excepto aquelas de forza maior que se acordarán co comité de empresa.

5. A empresa complementará a prestación ata o oitenta por cento da base reguladora que utilizou o Inem, para concede-la devandita prestación, durante os períodos de cobro da prestación por desemprego.

Terceira.-A citada táboa de remuneración entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Cuarta.-O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis preciados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, que é a nosa obriga coidar e potenciar.

Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la actividade laboral e profesional en lingua galega.

ANEXO I

Comisión negociadora

A comisión negociadora do presente convenio estivo integrada, por parte da empresa, por Víctor Mosquera Rodríguez, e por parte dos traballadores, por Carmen Bernárdez Villar, Enrique Campo Carrera e Ricardo Rodríguez Fernández.

Vigo, 28 de setembro de 2000.

ANEXO II

Táboas salariais

Categorías

Salario día (pesetas)

A

Salario mes (pesetas)

B

Horas

(pesetas/h)

C

1. Persoal obreiro
Aprendiz 16 anos2.519,23 75.576,9
Aprendiz 17 anos2.898,98 86.969,4
Aprendiz 18 anos3.000,70 90.021,0
Peón3.341,49100.244,71.550
Especialista 2ª3.439,12103.173,61.592
Especialista 1ª3.500,38105.011,41.628
Oficial 3ª3.591,60107.748,01.666
Oficial 2ª3.629,53108.885,91.703
Oficial 1ª3.907,30117.219,01.820
Oficial especialista litografía4.147,15124.414,51.927
Capataz3.568,49107.054,71.666
Encargado de sección4.269,52128.085,6
Garda nocturno3.413,03102.390,91.592
Porteiro3.413,09102.392,71.592
Ordenanza3.412,51102.375,31.592
Almaceneiro e listeiro3.568,14107.044,21.666

2. Persoal administrativo
Aspirante 16 anos2.541,09 76.232,71.175
Aspirante 17 anos2.935,01 88.050,31.354
Telefonista3.460,50103.815,01.595
Auxiliar3.634,58109.037,41.670
Oficial 2ª3.710,50111.315,01.709
Oficial 1ª3.877,96116.338,81.822
Xefe segunda4.393,83131.814,92.023
Xefe primeira4.554,29136.628,72.100

3. Persoal técnico
Delineante-debuxante
Proxectista 3ª3.821,28114.638,41.765
Proxectista 2ª3.983,71119.511,31.839
Proxectista 1ª4.310,67129.320,11.914
Mestre encargado4.554,31136.629,32.101
Técnico de organización4.256,87127.706,11.822
Xefe de organización4.555,37136.661,12.101
Titulado de grao medio4.564,65136.939,52.102
Titulado de grao superior6.011,94180.358,22.630