Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do día 16 de novembro de 2000, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación da obra que se menciona a continuación, queda exposto ó público polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no último dos boletíns (BOP de Lugo, DOG) en que apareza publicado.

Anúnciase ó mesmo tempo a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 del R.D. 781/1986, aínda que a licitación se aprazará no caso de que

se presenten reclamacións en contra do prego de condicións:

Título da obra.

Pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Becerral, As Ferreirúas, Sta. Mariña, A Cernada e A Ribeira.

-Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Navia de Suarna.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

-Obxecto do contrato.

a) Descrición: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Becerral, As Ferreirúas, Sta. Mariña, A Cernada e A Ribeira.

b) Lugar de execución: Navia de Suarna.

c) Prazo de execución: nove (9) meses.

-Tramitación.

a) Carácter: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

-Orzamento base de licitación.

a) O orzamento de execución por contrata ascende a vinteún millóns oitocentas cincuenta e cinco mil setecentas dezaseis (21.855.716) pesetas, IVE incluído.

-Garantía provisional e definitiva.

Garantía provisional: 437.114 pesetas.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

-Obtención de documentación e información.

Concello de Navia de Suarna, praza de España, número 1, localidade: A Proba de Navia, código postal: 27650, teléfono: 982 36 51 66, fax: 982 36 51 12, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio do último dos boletíns nos que apareza publicado (DOG ou BOP de Lugo).

-Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: G-6-c.

-Outros requisitos.

Non se esixen máis requisitos cos establecidos na lei.

-Proposicións e documentación complementaria.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns (DOG ou BOP de Lugo) en que apareza publicado. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Navia de Suarna, en horario de 9 a 14 horas.

-Apertura de ofertas.

Entidade: Concello de Navia de Suarna.

Domicilio: praza de España, número 1.

Localidade: Navia de Suarna.

Data: quinto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas. Se o día de apertura coincide con sábado ou inhábil, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

-Gastos de anuncios: todos por conta do contratista.

Navia de Suarna, 17 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado