Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Decreto de alcaldía do 13 de novembro de 2000 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións técnicas que han de rexe-lo concurso para a contratación dos servicios de colaboración na xestión tributaria, censal, inspectora e recadatoria

do Concello da Guarda, que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Servicios complementarios o funcionamento dos órganos de xestión tributaria, inspectora e recadatoria do Concello da Guarda, que non impliquen exercicio de autoridade nin custodia de fondos públicos.

Tipo de licitación.

21.465.510 pesetas, en función dunha porcentaxe máxima de licitación dun 4,64% sobre un cargo dos ingresos mediante recibo en voluntaria de 244.741.913 pesetas e un 90% da recarga aplicable nos cobramentos realizados en período executivo, sobre un cargo de 67.883.168 pesetas 2.000.000 de pesetas pola xestión de cobramento de dereitos de ingreso directo e unha cantidade estimada de 2.000.000 de pesetas por actuacións de inspección e colaboracións.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, das 8 ás 15 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG das oito ás quince horas e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ó día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 17 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 15 de novembro de 2000.

José Luis Alonso Riego

Alcalde