Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave OH.532.382.

A) Obra.

1. Saneamento, abastecemento, depuración e pavimentación en núcleos do concello. (O Irixo-Ourense).

Clave: OH.532.382.

Orzamento: cento setenta e seis millóns cincocentas mil pesetas (176.500.000 pesetas, equivalente a 1.060.786,364 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda- praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras citadas nesa alínea.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día once (11) de decembro de 2000.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras citadas na letra A) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vintedous (22) de decembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia