Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación para a contratación da dotación da aula de soldadura para o Centro de Formación Ocupacional de Coia-Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 23/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da dotación da aula de soldadura para o Centro de Formación Ocupacional de Coia-Vigo.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG do 10 de maio de 2000, nº 89.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 23.349.340 de pesetas, 150.352,60 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 30-6-2000.

b) Contratista: Tesol, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 22.820.856 pesetas, 137.156 euros.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude