Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/116-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: modificado do proxecto Granxas Parada.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 653 m derivada desde o apoio nº 29 da L.M.T. Xinzo-Os Blancos e con final na L.M.T. existente sobre apoios de formigón ata o C.T. Granxas Parada, ó que se lle cambia o trafo por outro de 160 kVA. R/T 20.000/280-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar, de non chegaren as partes a un acordo amigable, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentalas súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1996, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Ourense, 28 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/116. Provincia: Ourense.

L.M.T. Granxas Parada.Termo municipal: Xinzo de Limia.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5O PazoMonte altoLeopoldo Marquina Romeror/ Cardeal Quevedo, 7, 3º

32004 Ourense

3,442563.088