Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.729

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (100/2000).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas nº 100/2000, que se segue neste xulgado sobre

lesións en agresión e coaccións, cítanse os demandantes Ramón Antonio Gómez Iglesias e Juan Antonio Souto Rivas, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan ante este xulgado o vindeiro días 12 de decembro, ás 10 horas, co obxecto de asistiren á realización do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de probas de que intenten valerse, facéndolles sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952. Poden ser asistidos de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o sete de novembro de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado