Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

Organo: Comisión de Goberno do Concello da Pobra de Trives.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Expediente: Cooperación Local 2000.

2. Obxecto do contrato.

Execución das obras da rede de sumidoiros en Navea.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento e forma: aberto-concurso.

4. Orzamento: 13.241.075 pesetas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Pobra de Trives.

Enderezo: Paseo de San Roque, nº 4, 32780 A Pobra de Trives-Ourense.

Teléfono: 988 33 00 00.

Fax: 988 33 10 10.

E-mail: ctrives teleline.es.

Data límite para a obtención da documentación e información: dous días antes de finaliza-lo prazo para a presentación de proposicións.

Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica, con capacidade plena para contratar.

7. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte a data da derradeira publicación do anuncio no DOG ou BOP.

Documentación que hai que presentar: a que se cita no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro do Concello da Pobra de Trives, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas. Domicilio en Paseo de San Roque nº 4, 32780 A Pobra de Trives-Ourense.

Prazo durante o cal o licitador mantén a súa oferta.

8. Apertura de ofertas.

Base 19.1 do prego de condicións.

9. Outras informacións: Concello da Pobra de Trives.

10. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

A Pobra de Trives, 16 de novembro de 2000.

Luis Álvarez González

Alcalde