Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L. (expediente DP-211/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 211/2000, seguidas en virtude de denuncia formulada por Emilo R. López Terradas, contra a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias

observadas na vivenda 6º B da avenida Carrero Blanco, 195 de Lugo.

As obras de reparación que se realizarán son as necesarias para emenda-las seguintes deficiencias:

-Condensación en medianera do salón.

-Condensación en dous dormitorios do dúplex.

-Pasamáns de escaleira retorto e desprendido da parede.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento

a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 25 de setembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo