Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000 pola que se anuncia a apertura da licitación, por concurso e procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia do edificio sede da institución para o ano 2001.

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servicio de vixilancia do edificio sede da Institución durante o ano 2001.

b) Lugar de execución: edificio sito na rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

c) Prazo de prestación: desde o 1 de xaneiro, ou a data de sinatura do contrato, de ser posterior, ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 9.362.400 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 187.248 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, 29.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15071.

d) Teléfono: 981 54 22 00.

e) Fax: 981 54 22 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: xustificación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional polos seguintes medios de acreditación:

-Solvencia económica e financeira: medios previstos nas alíneas a) e c) do artigo 16 do TRLCAP, segundo detalle que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Solvencia técnica ou profesional: medio previsto na alínea d) do artigo 19 do TRLCAP, segundo detalle que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e autorización administrativa para o exercicio das funcións propias do servicio, debidamente inscrita no correspondente Rexistro do Ministerio do Interior.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida na base 6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da institución, rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la proposición: tres meses, contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, número 29.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte, de ser aquel sábado ou festivo.

e) Hora: doce horas.

10. Gastos de anuncio:

a) Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia