Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de clave R-AC-00.10 e tres máis.

Consellería de Política Teritorial, Obras Públicas e Vivenda, Delegación Provincial da Coruña.

Resolución do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto, e tramitación urxente, das obras, R-AC-00.10, R-AC-00.11, AC-00-148 Miño, e AC-00-161 Ortigueira.

a) Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita: delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña.

b)Obras.

Clave: R-AC-00.10.

Título: alargamento e beirarrúa na estrada C-552 A Coruña Fisterra do p.k. 6,6 ó p.k. 7,6 1ª fase.

Orzamento: trinta e dous millóns (32.000.000) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: seiscentas corenta mil (640.000) pesetas.

Clave: R-AC-00.11.

Título: acondicionamento na intersección das estradas C-642 e CP-7601 no núcleo urbano de San Sadurniño.

Orzamento: doce millóns seiscentas noventa e nove mil novecentas vintitrés (12.699.923) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: dous meses.

Fianza provisional: duascentas cincuenta y tres mil novecentas noventa e oito (253.998) pesetas.

Clave: R-AC-00.148 Miño.

Título: realización de beirarrúas na travesía de Bemantes (Miño).

Orzamento: trinta e seis millóns cincocentas sesenta e sete mil trescentas oitenta e unha (36.567.381) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

Prazo de execución: trece meses.

Fianza provisional: setecentas trinta e unha mil trescentas corenta e oito (731.348) pesetas.

Clave: R-AC-00-161 Ortigueira.

Título: realización de beirarrúas e servicios urbanísticos no núcleo de Lombo. Parroquia de Loiba.

Orzamento: vinteoito millóns duascientas noventa e oito mil duascentas setenta e dúas (28.298.272) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: cincocentas sesenta e cinco mil novecentas sesenta e cinco (565.965) pesetas.

c) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os día e horas hábiles de oficina na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo Monelos, 8º andar, na Coruña.

d) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra b), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de contrata, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que se especifican nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000.

e) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Capacidade das empresas, para contratar coa Administración autonómica e medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: para esta obra están determinadas no título II capítulo I do Real decreto legislativo 2/2000.

g) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás catore horas do décimo terceiro día natural, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, se este cadra en sábado ou festivo, será o seguinte día hábil.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo, ó mesmo enderezo, dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

h) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Dele

gación Provincial da Coruña, ás doce horas do quinto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do último día de presentación das proposicións.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 6-11-2000)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña