Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.645

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (88/2000).

Eu, María Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia (A Coruña), fago saber que nos autos de xuízo de cognición número 88/2000, segui

dos neste xulgado por instacia do procurador Javier Salmonte Rosendo, en nome e representación de María Esther Gómez Rey, por si, e en beneficio da sociedade de gananciais, constituída co seu home Peregrino Lousame Rodríguez, contra Dolores Morales Cordeiro, Fernando, Marcos e María del Carmen Fernández Morales; dictada resolución acordando que se emprace por edictos a María del Carmen Fernández Morales, por se descoñece-lo seu actual domicilio, co fin de que no prazo de nove días compareza en autos, coa prevención de que se non o verifica será declarada en rebeldía, seguindo os autos o seu curso, e sen facerlle máis notificacións cás expresamente sinaladas na lei.

E para que lle sirva de emprazamento a María del Carmen Fernández Morales, expido este edicto en Noia o 23 de outubro de 2000.

A xuíza

Rubricado