Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.603

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 25 de agosto de 2000, da Dependencia de Recadación de Badaxoz, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, por este anuncio faise saber que tentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio ponse de manifesto que se encontran pendentes de practica-las seguintes notificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: procedemento administrativo de constrinximento.

-Órgano responsable da súa tramitación: órganos de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer, co obxecto de que se practique a notificación pendente, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no boletín oficial correspondente, de luns a venres das 9 ás 14 horas, na unidade de recadación de calquera das oficinas da Axencia estatatal de Administración tributaria nesta provincia, sitas en:

Don Benito: Alonso Martín, 16.

Mérida: praza de Santa María, 5.

Zafra: avenida Antonio Chacón s/n.

Badaxoz: paseo de San Francisco, 17.

Os debedores que citados por este anuncio non comparezan en por si ou por medio dos seus repre

sentantes debidamente acreditados, no prazo fixado con anterioridade, entenderanse notificados para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Badaxoz, 25 de agosto de 2000.

Ana Fernández-Daza Álvarez

Xefa da Dependencia de Recadación de Badaxoz

AEAT. Comunidade Autónoma de Galicia.

Delegación: Badaxoz.

Número emi.: 00.3.1.11.002.

Datos do contribuínte:

08.619.287-Z.

Pajuelo Gallardo, Juan.

r/ Fuente, 1, Campanario.

Comunidade Autónoma de Galicia.

Número emi.: 99.3.1.11.001.

Datos do contribuínte:

76.238.139-Q.

Sosa Pérez, José.

r/ Constitucións, 1, Don Benito.