Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a redacción dos proxectos básico e de execución, construcción e xestión en réxime de concesión administrativa dos aparcadoiros públicos abaixo relacionados, de acordo coas características e con suxeición ás condicións que se regulan nos pregos.

Denominación dos aparcadoiros:

-Aparcadoiro nº 1: Xoán Carlos I.

-Aparcadoiro nº 2: San Xoán de Vista Alegre.

-Aparcadoiro nº 3: As Fontiñas.

-Aparcadoiro nº 4: Choupana.

Os licitadores poderán oferta-la construcción e xestión dun ou varios dos aparcadoiros propostos, nas condicións do prego de condicións, sen que sexa admisible ningún outro tipo de oferta variante.

En tódolos proxectos, o adxudicatario redactará, así mesmo, os pertinentes estudios de seguridade e saúde.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de 15 meses para o aparcadoiro número 1 e de 12 meses para os restantes.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 15-1-2001.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Clasificación do contratista.

Grupo C, categoría f.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 26.6º do prego de condicións.

Garantías: provisional: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros). Definitiva: 4% do orzamento das obras e 15.000.000 de pesetas (90.151,82 euros) pola xestión de cada aparcadoiro.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa consistorial (secretaría), o día 22-1-2001, ás 12 horas.

Modelo de proposición.

D./Dª.... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio en... participa no concurso por procedemento aberto para a adxudicación da construcción e xestión do(s) aparcadoiro(s) de..., en Santiago de Compostela, e para estes efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de:

Canon:...

Tarifas:...

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... de... de 2...

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En... de... de 2...

O licitador (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado