Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 52/2000.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, o non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral, e seguridade, hixiene e saúde laboral), a súa contía e número cítanse a seguir:

Empresa: Ramiro Rodríguez Muíño.

NIF: B-32.386.522.

Nº de expediente: 52/2000

Contía: 50.001 pesetas.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, haberá de aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sancións nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 31 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

Lugo, 17 de outubro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo