Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Cortés Martínez, Jordi e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: liquidación de xuros de demora, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de outubro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Cortés Martínez, Jordi (en representación de Túnidos Congelados, S.A.).

CIF: A35012236.

Velázquez, 51, 5º, Madrid.

Procedemento: xuros por acordo de devolución.

Dev. nº 146/2000.

Interesado: Costas Argones, Francisco Javier.

DNI: 36.095.584.

Chile, 7, 3º D, Vigo.

Procedemento: xuros por acordo de devolución.

Dev. nº 260/2000.

Interesado: Ramírez Jiménez, Francisco.

DNI: 09.361.547.

Avda. Ricardo Mella, autovía, Vigo.

Procedemento: xuros por acordo de devolución.

Dev. nº 265/2000.