Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.562

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de

catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o punto 3º do devandito decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o anterior, con data do 10 de agosto de 2000 publícase no Diario Oficial de Galicia número 155 a Resolución do 18 de xullo de 2000 pola que se nomean os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais figurando no seu artigo 1 punto 9º os catro representantes da Confederación de Empresarios de Galicia cos seus respectivos suplentes.

Posteriormente, con data do 25 de outubro de 2000 comunícase o acordo unánime de modifica-la representación institucional da Confederación de Empresarios de Galicia no Consello Galego de Servicios Sociais dun dos seus representantes designado na anterior Resolución do 18 de xullo, causando baixa como vocal titular Vicente Prado Caridad e como suplente Antón Cobián Varela, designando no seu lugar a Antón Cobián Varela como vocal titular e a Mª Teresa Valdés Blanco Rajoy como suplente.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e no uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Antón Cobián Varela, en substitución de Vicente Prado Caridad.

Artigo 2º

Nomear como vocal suplente do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Mª Teresa Valdés Blanco Rajoy, en sustitución de Antón Cobián Varela.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais