Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GOMESENDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: abastecemento e saneamento ó Noval, Louredo, Patín e Derramada.

Prazo de execución (meses): 3 meses.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.516.897 pesetas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Gomesende, Sobrado. Teléfono 988 48 50 00; fax: 988 48 50 01, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se require.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Gomesende, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Gomesende ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Gomesende, 24 de outubro de 2000.

Radigundo Castro Fernández

Alcalde