Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 203/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avenida de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 326 m de lonxitude, coa orixe na liña nº 5 da subestación de Bergondo, no tramo entre o C.T. Miodelo e C.T. A Fraga-Pisón, e final no C.T. Pisón, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Pisón do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de

formigón e conductor R.Z. de 84 m de lonxitude que se conectará á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Pisón, no termo municipal de Bergondo. (Expediente 203/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados, dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 16 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 203/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T., PisónTermo municipal: Bergondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A CañotaLaborJosefa Franco Díazr/ Travesía, 26-28, 15300 Betanzos22143

2A CañotaLaborJuana Bestelleiro MartínezPisón, 23, 15165 BergondoL.A.T.77

3A CañotaLaborRepr.: José Martínez Amor

Hdos. Manuel Martínez Amor

Pisón, s/n, 15165 Bergondo134340

4A CañotaLaborAntonio Matos MartínezPisón, 40, 15165 Bergondo661.056

6A CañotaCarballosHdos. Xan LópezO Caño, s/n, 15165 BergondoL.A.T.42

7O CousoEucaliptalRepr.: José Suárez Varela

Antonio Suárez Varela

Pisón, s/n, 15165 Bergondo218279

8O CousoEucaliptalJosé Luis VascoPisón, 25, 15165 Bergondo8117

9O CousoEucaliptalJosé Dorado DoldanBergondo, 15165 Bergondo881.343

11O CousoEucaliptalJosé Martínez AmorPisón, s/n, 15165 BergondoL.A.T.65

12A CastellanaEucaliptalJosé Martínez AmorPisón, s/n, 15165 Bergondo18288

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

13A CastellanaEucaliptalManuel Seijo PargaSan Fiz-Vixoi, s/n, 15319 A Coruña9135

16A CastellanaEucaliptalManuel Varela SuárezPisón, 12, 15165 Bergondo698

17A CastellanaCarballosMª del Carmen Suárez VarelaPisón, s/n, 15165 BergondoL.A.T.35

18Repr.: José Martínez Amor

Miguel Martínez Amor

Pisón, s/n, 15165 BergondoL.A.T.23