Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa do proxecto do parque eólico da Serra do Eixe. (Expediente IN661A 00/4-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico Serra do Eixe, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico Serra do Eixe.

Solicitante: Edasa Eólica Solpor, S.A.

Enderezo social: C. Comercial Martínez Padín s/n, 32004 Ourense.

Situación: terreos situados nos concellos do Barco de Valdeorras: Carballeda de Valdeorras e A Veiga.

-Delimitación, superficie afectada e potencia bruta:

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-x UTM-y

16681004689000

26660504691950

36677674692000

46744004687150

56750504685300

66800004683172

76814504680850

86807004680650

96749504683450

106744894683823

A superficie afectada é de 3.553,9 hectáreas e a potencia bruta dos aeroxeradores que se pretenden instalar suma 50 mW.

-Alegacións; solicitudes en competencia:

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 13 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense