Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de urbanización da praza de Moi no concello de Dozón.

Con data do 14 de novembro de 2000, revogáronse e deixáronse sen efecto as resolucións do 18 de outubro pola que se aprobaba o expediente de gasto, o cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares do contrato e o anuncio de licitación.

Unha vez aprobado o novo expediente, resolvo anunciar novamente o concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-04-PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización da praza de Moi, no concello de Dozón.

b) Lugar de execución: Dozón (Pontevedra).

c) Prazo de execución : un (1) mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns trescentas trinta e dúas mil trescentas setenta e seis (9.332.376) pesetas (56.088,71 euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de trescentas setenta e tres mil duascentas noventa e cinco (373.295) pesetas (2.243,55 euros), segundo o definido no punto I do citado cadro.

A dita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 1.920 pesetas (IVE incluído) (11,54 euros).

6.2. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edifico administrativos San Caetano, s/n. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 43 82/54 43 71.

d) Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13 ) días contados a partir o seguinte a aquel no que se produza a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2º Enderezo: Edificios administrativos San Caetano.

3º Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: Sala de Juntas. Edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o segundo (2º) día hábil que non coincida en sábado, contado a partir daquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda