Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (182/2000).

En autos de referencia foi dictada a resolución do teor literal seguinte:

Providencia maxistrado xuíz Jorge Ginés Cid Carballo.

En Santiago de Compostela o 17 de outubro de 2000.

Presentado o anterior escrito polo procurador Victorino Regueiro, únase ós autos da súa razón.

Como se solicita, tense dirixida a demanda contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Jesusa Figueira Carrillo, os cales se emprazarán co fin de

que no prazo de 10 días comparezan no procemento con avogado que os defenda e procurador que os represente, baixo apercibimento de que, no caso de non facelo, serán declarados en rebeldía, o que se fará por medio de edictos que se publicarán nos lugares de costume.

Acórdao e asínao a Súa Señoría. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Jesusa Filgueira Carrillo, esténdese esta cédula para que sirva de notificación e emprazamento en Santiago de Compostela o 17 de outubro de 2000.

O/a secretario/a

Rubricado