Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

O Concello de Cambados convoca concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario, para adxudicación das obras de restauración e ampliación de edificio en semisoto, baixo e dúas plantas para usos múltiples (A Xuventude). O tipo de licitación fíxase en 99.999.999 pesetas.

As proposicións poderanse presentar durante o prazo de vinteseis días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP de Pontevedra.

O prego de cláusulas administrativas particulares poderase solicitar nas oficinas municipais e o acto de apertura de plicas celebrarase na Casa Consistorial, ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para presentación

das proposicións. O modelo de proposición figura como anexo ó referido prego.

Cambados, 2 de novembro de 2000.

José M. Cores Tourís

Alcalde